Publicacións

Carlos Casares, o relato de Galicia

Ás veces a vida dun persoa é a historia dun país. A historia de Carlos Casares reflicte en todo o seu percorrido a diferenza entre aceptar o que hai ou loitar por un futuro.



Esa loita pódese facer de moitos xeitos. El elixiu a palabra. O péndulo oscilante que levaban as súas verbas a defender a nosa fala como a mellor maneira de expresarse, de vivir e de entender a vida.
A literatura como unha forma de sentirse da súa terra, de Galicia.

Carlos Casares é o punto de partida, o fin e o medio para coñecer ao autor de obras como 'A galiña azul' ou 'Vento Ferido', que sempre tivo un obxectivo claro: que o galego vivirá a través dos seus falantes, que non morrera.

Coa premisa de achegar ao ourensán aos máis novos, os que teñen que manter viva a nosa fala, trazaremos dun xeito diferente a vida, obra e loita dun escritor que deixou unha pegada que aínda está por descubrir.

Saías da librería acariñando o libro, escondías as apretadas seiscentas páxinas debaixo da gabardina blan…
Publicacións recentes