Saltar ao contido principal

Parada 1: Radio Aguiar

A primeira parada deste tren radiofónico, organizado polo Concello de Betanzos e desenvolto polo Laboratorio de Radio nos diferentes centros de ensinanza secundaria de Betanzos, é o IES Francisco Aguiar. Radio Aguiar achégase á figura do ourensán a través das cuñas, dos librosons e dos relatos. Fala a redacción de 1º da ESO. Escoiten.

  • Empezamos polas cuñas, é dicir, os anuncios da radio. Neste caso o que anunciamos, o que queremos promocionar son as nosas Letras, a nosa Fala e a figura de Carlos Casares.


 
Non te preocupes, inda queda moita radio por diante. 



  • Un libroson é unha pequena peza creativa que nos convida a ler un libro. Bota un oído e comproba se che entran ganas de ler a Carlos Casares:




Continuamos viaxe, desta volta imos cun clásico de Carlos Casares: A galiña azul.



  • A galiña azul é unha obra de literatura infantil escrita por Carlos Casares, que pasa se a reescribimos a partir dunha frase? 



Se estes relatos foron do teu agrado, segue baixando, atoparás máis galiñas azuis, todas elas diferentes.



  • Outros relatos a partir da Galiña Azul. Non os perdas!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Carlos Casares, o relato de Galicia

Ás veces a vida dun persoa é a historia dun país. A historia de Carlos Casares reflicte en todo o seu percorrido a diferenza entre aceptar o que hai ou loitar por un futuro. Esa loita pódese facer de moitos xeitos. El elixiu a palabra. O péndulo oscilante que levaban as súas verbas a defender a nosa fala como a mellor maneira de expresarse, de vivir e de entender a vida. A literatura como unha forma de sentirse da súa terra, de Galicia. Carlos Casares é o punto de partida, o fin e o medio para coñecer ao autor de obras como 'A galiña azul' ou 'Vento Ferido', que sempre tivo un obxectivo claro: que o galego vivirá a través dos seus falantes, que non morrera. Coa premisa de achegar ao ourensán aos máis novos, os que teñen que manter viva a nosa fala, trazaremos dun xeito diferente a vida, obra e loita dun escritor que deixou unha pegada que aínda está por descubrir. Saías da librería acariñando o libro, escondías as apretadas seiscentas páxinas debaixo da g